Sobre Nós

Somos unha familia de panadeiros con máis de 70 anos de tradición en Lalín, elaborando pan artesanal en fornos de leña desde os anos cincuenta.

forno-nercellas- (9)

Mantemos viva a tradición do pan

Comezamos a nosa andaina cando Jesús Nercellas, orixinario de Breixa (Silleda), mercou a antiga panadería coñecida como “Os Candingas”. En 1969 trasladamos o vello obradoiro ás instalacións actuais, onde contamos cun espazo máis amplo e tres fornos de leña que seguen a dar vida ao noso pan.

A día de hoxe, os fillos continuamos á fronte do forno, mantendo o espírito familiar e o sabor único do pan de Lalín.

A nosa misión

Traballar con honestidade e dedicación para conservar o sabor auténtico do pan tradicional de Lalín, mantendo procesos artesanais: fermentación lenta, manipulación manual das masas e cocción en forno de leña.

Queremos que cada peza que saía do forno sexa un reflexo da nosa historia, da nosa terra e do noso compromiso coa calidade.

Valores fundamentais

Por que elixir o Forno Nercellas?

Mostrámosche o noso agradecemento indo sempre un paso máis alá, para que cada visita sexa unha experiencia saborosa e memorable.
forno-nercellas- (1)
Scroll ao inicio