Produtos que ofrecemos

No Forno Nercellas elaboramos unha ampla variedade de pans e produtos de forno, todos eles con procesos artesanais e cocción en forno de leña.

Que che ofrecemos?

forno-nercellas- (4)

Pan artesanal de Lalín

Chuscos, bolos, barras, moletes, moños e petadas de festa, todos feitos con fariñas do país, fermentación lenta e cocción en forno de leña.
forno-nercellas- (6)

Empanadas e empanadillas

Un clásico da nosa panadería. Preparamos empanadas e empanadillas con diferentes recheos, sempre frescas e co sabor da tradición.
forno-nercellas- (7)

Bolos preñados e repostería

Desde bolos preñados a biscoitos e doces típicos, ofrecemos unha ampla variedade para acompañar cada momento especial.

Panaderia-Nercellas-

Asados ao forno de leña

Elaboramos lacóns, cabritos e outras carnes asadas para festas e celebracións, mantendo o sabor auténtico da nosa comarca.
forno-nercellas- (1)

Mel de Lalín

Na nosa melaría atoparás mel multiflores, de castiñeiro, silva ou carrasco, seleccionada dos mellores produtores da comarca, froito dunha tradición apícola centenaria.

panaderia-nercellas-produtos- (1)

Estamos aquí para ti!

Scroll ao inicio