Sobre Nós
Somos unha familia de panadeiros con máis de 70 anos de tradición en Lalín, elaborando pan artesanal en fornos de leña desde os anos cincuenta.

Mantemos viva a tradición do pan
Comezamos a nosa andaina cando Jesús Nercellas, orixinario de Breixa (Silleda), mercou a antiga panadería coñecida como “Os Candingas”. En 1969 trasladamos o vello obradoiro ás instalacións actuais, onde contamos cun espazo máis amplo e tres fornos de leña que seguen a dar vida ao noso pan.
A día de hoxe, os fillos continuamos á fronte do forno, mantendo o espírito familiar e o sabor único do pan de Lalín.
A nosa misión
Traballar con honestidade e dedicación para conservar o sabor auténtico do pan tradicional de Lalín, mantendo procesos artesanais: fermentación lenta, manipulación manual das masas e cocción en forno de leña.
Queremos que cada peza que saía do forno sexa un reflexo da nosa historia, da nosa terra e do noso compromiso coa calidade.
Valores fundamentais
- Honestidade: manter a confianza dos nosos clientes xeración tras xeración.
- Tradición: preservar as técnicas de sempre, sen caer na mecanización industrial.
- Excelencia: elaborar un pan recoñecido polo seu sabor, textura e calidade.
- Compromiso coa terra: utilizar fariñas do país e apoiar a produción local, tamén a través da nosa melaría.
Por que elixir o Forno Nercellas?
- Pan de Lalín 100% artesanal
- Tres fornos de leña en funcionamento
- Procesos manuais en cada etapa
- Produtos variados: pan, empanadas, doces e mel
- Trato próximo e familiar
