Forno Nercellas – Pan Tradicional en Lalín

Elaboramos pan artesanal en fornos de leña desde os anos 50. Chuscos, bolos, barras, empanadas, doces e moito máis, con fariñas do país e un sabor único que nos diferencia.

forno-nercellas- (8)
forno-nercellas- (6)
Quen somos?

Unha familia de panadeiros que mantén viva a tradición do pan en Lalín.

Coa experiencia de máis de 70 anos e tres fornos de leña en funcionamento, no Forno Nercellas seguimos elaborando pan coma antes: amasado, cortado e cocido manualmente, con repouso lento e natural das masas. O resultado? Un pan de calidade máxima e sabor inconfundible.

Que che ofrecemos?

forno-nercellas- (4)

Pan artesanal de Lalín

Chuscos, bolos, barras, moletes, moños ou petadas de festa: todas as nosas variedades manteñen a esencia do pan tradicional.

forno-nercellas- (7)

Empanadas e repostería

Empanadas, empanadillas, bolos preñados, biscoitos… unha ampla gama de produtos que completan a nosa oferta.

forno-nercellas-cocina

Asados para festas

Preparamos lacóns e cabritos ao forno de leña para celebracións e eventos, mantendo o sabor auténtico da comarca.

Buscas sabor auténtico?

Se queres pan de verdade, feito coma sempre e cun sabor único, no Forno Nercellas atoparalo a diario.

O noso produto

Scroll ao inicio